Feijóo reprocha ao Goberno que tente facer un "cambalache no CGPJ"

Denuncia que se queira renovar o CGPJ con "ameazas" e non con "propostas".

Por E.P. | A CORUÑA | 19/10/2020 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, criticou ao Goberno polo seu posicionamento en relación á renovación del udicial (CGPJ) e acusoulle de ir "en contra" do "acordo" e o "consenso" dos últimos 40 anos.

"Non se negocia con ameazas, negóciase con propostas", sentenciou tras aseverar antes que non cre que sexa bo "que o Goberno ameace ao único partido co que necesita basicamente unha renovación do CGPJ".

A preguntas dos xornalistas, tras visitar a sede da organización Ecos do Sur, dixo que "este tipo de ameazas, tramitando unha lei en contra de 40 anos de acordo e consenso, é impropia dun goberno democrático". Por outra banda, cuestionou que "se ameace con facer un cambalache no CGPJ".

"Nós con maioría absoluta non nos puxemos nerviosos, nin ameazamos á oposición", insistiu Feijóo sen lembrar que, naquel momento, o PSOE accedeu a negociar, algo que non acontece agora co PP que se nega á negociación. "É moi sorprendente que o goberno actual teña máis facilidade para negociar con Bildu e con independentistas de Cataluña que co xefe da oposición", dixo sobre o PP.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta