Baixan a 293 os usuarios de residencias de maiores contaxiados con Covid-19, tras 66 altas en Outeiro de Rei

Houbo 69 altas en total en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/10/2020 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Os usuarios de residencias de maiores de Galicia con Covid-19 descenderon este luns a 293, tras 66 novas altas na DomusVi Lugo de Outeiro de Rei, que sitúan en 13 os afectados neste centro na actualidade. Así consta nos datos actualizados este luns pola Consellería de Política Social, nos que se inclúen oito novos positivos entre usuarios de residencias e 69 altas, aos que hai que sumar tres falecidos en centros residenciais notificados na tarde do domingo.

Residencia de maiores do Incio
Residencia de maiores do Incio | Fonte: Concello.

En concreto, detectáronse tres positivos por Covid en usuarios da residencia de maiores San José Hermanitas de Narón; outro na vivenda comunitaria Pepe e Isa II de Entrimo; e catro na residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar (Ourense), onde ascenden a 161 os contaxiados.

Mentres, segundo os datos actualizados, recibiron o alta 66 usuarios da residencia de maiores DomusVi Lugo de Outeiro de Rei, así como tres da Val de Monterrei.

Deste xeito, as residencias con máis contaxiados son a dos Gozos no Pereiro de Aguiar con 161 afectados; Residencia Val de Monterrei, con 46; Nosa Señora do Viso de Lobeira, con 33; Las Salinas de Ourense, con nove; DomusVi Lugo de Outeiro de Rei, con 13; Santa Marta de Vigo, con nove; e Ballesol de Oleiros, con seis.

TRABALLADORES

En canto aos traballadores, os datos actualizados sitúan en 127 os empregados destes centros con Covid-19, tras detectarse un positivo na residencia de maiores San José Hermanitas de Narón e dúas na residencia Hermanos Prieto do Carballiño. Mentres, deron o alta a un traballador da Orpea Lugo, a outro da vivenda comunitaria Dacon de Maside e a outro da residencia de maiores Val de Monterrei.

Deste xeito, as residencias con máis traballadores contaxiados son a dos Gozos do Pereiro de Aguiar, con 47; a Val de Monterrei, con 15; DomusVi Lugo de Outeiro de Rei, con 11; a Ballesol de Oleiros, con sete; e a Nosa Señora do Viso de Lobeira, con seis.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Pola súa banda, os centros de atención a persoas con discapacidade rexistraron o alta dun traballador da residencia de atención á discapacidade Aspace de Sada, que queda sen contaxiados entre os empregados.

Deste xeito, mantéñense con tres usuarios afectados na Residencia Ricardo Baró de Aspronaga de Oleiros e dúas na DomusVi Bóveda; e cinco traballadores: dous na DomusVi Bóveda e un na Residencia de Adultos Pai Menni de Betanzos, outro na Juan Vidán Torres de Santiago e outro na Residencia San Vicente de Paúl de Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta