A Xunta di agora que presentará os presupostos antes de fin de ano

O executivo de Feijóo anuncia unha bolsa de emprego público de 2.741 prazas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2020 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou que a Xunta entregará os orzamentos de 2021 á Cámara galega antes de que comece o mes de decembro. Nunha comparecencia no Parlamento para dar conta das liñas mestras do seu departamento para a próxima lexislatura, Martínez explicou que estarán marcadas polo obxectivo de "acelerar a recuperación" e "mitigar os efectos da pandemia nas familias e no tecido produtivo".

Ademais, anunciou que a Xunta aprobará proximamente a oferta de emprego para 2020 con 2.741 prazas en función pública, das que 1.215 son para servizos sociais. Xunto a isto, explicou que o ano que vén aprobarase o Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030, mentres avanzou que se prevén manter rebaixas impositivas vixentes, así como aprobar novos beneficios fiscais "cando sexa posible" para familias numerosas, monoparentais e vítimas de violencia de xénero.

Fotos Xunta / Facenda / Pleno. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta / Facenda / Pleno. Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta