A Xunta non descarta un estado de alarma ou confinamentos perimetrais en Galicia antes do Nadal

Comesaña admite que, aínda que faltan "moitas quincenas" para Nadal, "a previsión non é boa", polo que apela a cumprir as medidas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou este martes que o confinamento perimetral en Galicia "está na batería de medidas que o comité clínico baralla" e lembrou que xa se fixeron peches en zonas da comunidade. Tampouco descartou que se declare o estado de alarma.

Así o manifestou nunha entrevista no 'Bos Días' da TVG, recollida por Europa Press, ao ser preguntado se o comité clínico baralla un peche perimetral da Comunidade galega debido á situación epidemiolóxica. "Todas as medidas están encima da mesa", afirmou, á vez que defendeu que traballan para "adecualas á situación de cada concello e comarca". "Esa posibilidade está aí", asegurou.

Respecto diso, lembrou que xa se fixeron peches perimetrais en comarcas como a da Mariña, no municipio de Ourense e outros municipios. "Nunca tivemos problemas en tomar medidas desta natureza", insistiu.

Punto COVID AUTO no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Foto de arquivo.. PICASA
Punto COVID AUTO no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Foto de arquivo.. PICASA | Fonte: SERGAS - Arquivo

Preguntado pola posibilidade de utilizar o estado de alarma en Galicia, o conselleiro manifestou que se se chega a declarar é "porque os datos son peores que ata agora". Por iso, apostou por "estar sempre alerta" e matizou que "Galicia está mellor que outras comunidades", cunha incidencia "por baixo da media nacional".

Con todo, admitiu que "iso pode cambiar". "Se aumentamos a incidencia acumulada o estado de alarma é unha ferramenta que está aí", indicou. Finalmente, lembrou a importancia do comportamento individual fronte á pandemia porque "cada un é fundamental". "Se cada un facemos as cousas como temos que facelas seguro que a colectividade sae beneficiada", engadiu. 

SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA

Sobre a situación epidemiolóxica en Galicia, o titular de Sanidade comentou que "os datos non son os máis positivos" e sinalou un "incremento importante do número de casos activos". No entanto, lembrou que manexan "máis de 10 parámetros no comité clínico", polo que "aínda que os números crecen", con toda a información dispoñible na reunión deste martes este tomará as medidas "que considere oportunas".

Preguntado sobre a área que máis preocupa, o conselleiro de Sanidade explicou que a zona de Ourense lévalles " preocupando semanas" e tamén as localidades de Verín, O Barco e O Carballiño, así como Santiago de Compostela. En xeral, apuntou que en toda Galicia pasouse de "unha tendencia estable" a "certa tendencia ao crecemento", polo que se decidiu a semana pasada "limitar a 10 as persoas que se poden reunir".

CONTORNA DE CONFIANZA

Neste sentido, insistiu en advertir de que "o problema" radica "na contorna de confianza". "Cando nos relaxamos e deixamos de observar as medidas sinxelas que xeran estes casos", comentou en relación a sacarse a máscara e non gardar a distancia nas reunións.

Deste xeito, recalcou que son "brotes familiares o máis habitual" nos casos de Covid-19 detectados en Galicia. Por iso, advirte de que "agora non é tan fácil estar nunha terraza" co cambio de tempo e avisa de que "sen máscara no interior multiplicase o risco" de contaxio.

Preguntado sobre o foco posto entre a xente nova e as festas de universitarios, Comesaña reiterou que nas "contornas de confianza a xente reúnese e relaxan medidas", como constatou a "evidencia que transmiten os médicos" de primaria e o servizo de Medicina Preventiva. "É un patrón que se repite", afirmou para xustificar a limitación de reunións a 10 persoas. "Tratamos de limitar, axustar o máximo as reunións e que se siga usando máscara", sentenciou.

DEFUNTOS E NADAL

En relación ao protocolo para o día de defuntos, o conselleiro de Sanidade avanzou que este martes se vai a presentar un documento consensuado no comité clínico, tras solicitar información. Segundo comentou, trátase dun "tema importante dada a tradición en Galicia". Por iso, explicou que a "idea é manter as características de illamento" con "especial coidado no aforamento", tanto en entradas e saídas nos cemiterios.

En relación ás previsións para Nadal, o titular de Sanidade lembrou que manexan "quincenas" como período epidemiolóxico, polo que "faltan aínda moitas quincenas". No entanto, admitiu que "a previsión non é boa" e "as perspectivas non son boas". Por iso, insistiu no "labor de contención". "Podemos chegar en condicións mellores que se non as cumprimos", sentenciou en relación ás medidas para frear os contagios.

ESTADO DE ALARMA

Preguntado pola posibilidade de utilizar o estado de alarma en Galicia, o conselleiro manifestou que se se chega a declarar é "porque os datos son peores que ata agora". Por iso, apostou por "estar sempre alerta" e matizou que "Galicia está mellor que outras comunidades", cunha incidencia "por baixo da media nacional".

Con todo, admitiu que "iso pode cambiar". "Se aumentamos a incidencia acumulada o estado de alarma é unha ferramenta que está aí", apostilou. Finalmente, lembrou a importancia do comportamento individual fronte á pandemia porque "cada un é fundamental". "Se cada un facemos as cousas como temos que facelas seguro que a colectividade sae beneficiada", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Como xa apuntamos hai tempo a cousa non ten nada que ver coa pandemia, senon máis ben coa necesidade do Goberno Sánchez de aprobar uns orzamentos "expansivos" baixo presión ! E o Estado de Alarma (agora coa versión Toque de Queda) é a mellor forma de PRESIÓN para aprobar uns orzamentos que lle permitan ENDEBEDAR ao pais para moitos anos! Cando remate a festa de mañán (Moción de Censura de Vox) ao día seguinte veremos como Decretan o Estado de Alarma para todo o mes de novembro (15 + 15 días) ! Así poden soltarnos para consumir no Nadal