Abanca habilita fórmulas de financiamento para os comerciantes "adaptadas á urxencia da situación"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2020 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Abanca e a Federación Galega de Comercio asinaron un acordo que "permite acceder aos comerciantes a fórmulas de financiamento adaptadas á urxencia da situación que vive o sector, moi marcada polos efectos tanto sanitarios como económicos da covid-19".

Segundo informa Abanca, a renovación deste convenio de colaboración foi rubricada este martes en Lugo e contou coa presenza do director territorial, Javier Soto, e o presidente da federación, José María Seijas.

O efecto "máis inmediato", destaca, é que os comerciantes xa poden acceder a un "completo" plan de financiamento que o banco e a federación deseñaron para responder de maneira "integral" ás súas necesidades.

Inclúe produtos e servizos que "permiten acometer investimentos, e reforzar a competitividade dos proxectos que os asociadoslleven a cabo". Abanca destaca préstamos persoais e hipotecarios ou 'leasing' mobiliario, con "amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e intereses moi competitivos".

Incorpora tamén pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, 'corfirming' ou 'factoring' e un espazo para a internacionalización a través de diversos programas do ICO e as SGR galegas.

Firma entre Abanca e a Federación Galega de Comercio. ABANCA
Firma entre Abanca e a Federación Galega de Comercio. ABANCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta