A Cámara galega pide unha intervención pública temporal de Alcoa para poder vendela

Todos os grupos coinciden en que se poña en marcha "de forma inmediata" un Estatuto do Consumidor Electrointensivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A Cámara galega aprobou por unanimidade unha iniciativa do BNG --transaccionada co PP-- para instar á Xunta a demandar ao Goberno central a intervención pública temporal de Alcoa San Cibrao para a súa venda co fin de manter a actividade e o emprego.

Esta proposta é similar á aprobada a semana pasada no Congreso, na que se piden "cantas medidas sexan necesarias" a "a maior brevidade" para garantir o futuro da factoría, despois de que Alcoa anunciase a execución do despedimento colectivo de máis de 500 empregados da planta de aluminio de Cervo.

Ademais, PP, BNG e PSOE aprobaron reclamar ao Goberno que poña en marcha "de forma inmediata" un Estatuto do Consumidor Electrointensivo, cunha mellora do borrador presentado para garantir un prezo estable.

Respecto diso, o deputado do BNG Daniel Castro avisou de que "esta intervención se ten que facer xa". "Non estamos no tempo engadido, nin na prórroga, estamos ante o último penalti", deixou claro.

Todo iso, á espera de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) celebre o próximo 28 de outubro unha vista para sustanciar a petición do comité de medidas cautelares para paralizar o expediente de regulación de emprego (ERE).

Unanimidade na Cámara para pedir a intervención de Alcoa. CAPTURA
Unanimidade na Cámara para pedir a intervención de Alcoa. CAPTURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 CastelaoPaSogama

¿Isto non é populismo? Ninguén pode ser privado dos seus bens e dereitos senón por causa de utilidad pública e mediante a correspondente indemnización. Poden expropiar a fábrica, pero hai que pagarle a Alcoa o seu valor de mercado.

1 Soghamita

¿Qué es populismo?, dices mientras clavas en mi pupila tu pupila azul. ¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas? Populista (dos cativos)... eres tú.

2 üwe schuller

Tamén che expropian cando fan un aeroporto, unha estrada, un hospital..., que son de interés público, pero tamén che expropian para facer eólicos, explotacións hidroeléctricas, wind farms, etc. E SON PARA INTERÉS PARTICULAR. Por moito que che paguen unha miseria para xustificar a expropiación. Realmente eres patético.