Tratan de localizar a un mozo de 17 anos desaparecido desde o venres dunha casa de menores de Allariz

Piden que se chame ao 091 ou 112.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/10/2020 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

As forzas e corpos de seguridade tratan de localizar a un mozo a un mozo de 17 anos, Fernando Saguar González, que falta desde o pasado venres, día 16 de outubro, de Allariz.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, desapareceu o pasado venres dunha casa de menores habilitada no municipio ourensán de Allariz, inmoble no que só levaba cinco horas.

O instituto armado sinala que o mozo xa desaparecera previamente dun centro de menores de Ávila e que fora localizado na Coruña.

Precisamente, este mércores, a Policía Nacional subiu ás súas redes sociais unha mensaxe no que pide colaboración para dar co menor e solicita a aquelas persoas que o puidesen ter visto que chamen ao 091, ao 062 ou ao 112.

Mozo desaparecido dun centro de menores en Allariz
Mozo desaparecido dun centro de menores en Allariz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta