O rexistro de viaxeiros da Xunta contabiliza medio millón de persoas inscritas e permitiu detectar 1.604 positivos

Fixéronse máis de 10.000 PCR nas que se detectaron 951 positivos entre os viaxeiros. Ademais, o sistema de seguimento permitiu detectar 2.239 contactos estreitos e facerlles probas que arroxaron outros 653 casos de covid-19, ata o total de 1.604.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

Máis de medio millón de viaxeiros inscribíronse no rexistro posto en marcha pola Xunta a finais xullo, o que permitiu detectar un total de 1.604 casos de coronavirus entre visitantes e contactos estreitos.

En resposta a unha pregunta do PPdeG no pleno do Parlamento galego, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou que o 86% dos visitantes viñan doutras comunidades e o 14% restante do estranxeiro.

Así, fixéronse máis de 10.000 PCR nas que se detectaron 951 positivos entre os viaxeiros. Ademais, o sistema de seguimento permitiu detectar 2.239 contactos estreitos e facerlles probas que arroxaron outros 653 casos de covid-19, ata o total de 1.604.

Por todo iso, o conselleiro fai unha valoración "moi positiva" do rexistro, que "chegou para quedar". De feito, asegura que "foi clave" para a promoción de Galicia como "destino seguro" e para obter un "mellor resultado que a media nacional" en relación co turismo.

Posto de autocovid no Gil Casares, en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo
Posto de autocovid no Gil Casares, en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta