Teo, Monforte, Nigrán e O Porriño entran en alerta vermella pola incidencia da Covid

Xa son 24 os concellos co nivel máximo de alerta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2020 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o tres, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse a 24, tres máis que o mércores, ao activarse o aviso en Teo, Monforte, Nigrán e O Porriño e pasar a laranxa Culleredo.

Ademais, segundo consta no mapa 'semáforo' actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, continúan no nivel tres pola pandemia os concellos de Ourense, O Barco, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, A Laracha, Ordes, Mesía, Santiago, Ames, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Poio, Cangas, Nigrán, O Porriño, Tui, Salvaterra, Monforte e Lugo.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, este aviso detéctase ao rexistrar sobre un centenar de casos.

Mentres, en situación dúas --o nivel laranxa do mapa-- sitúanse 14, un menos que o martes. Trátase de Ferrol, Fene, Neda, A Coruña, Culleredo, Lalín, Vilanova de Arousa, Marín, Vigo, Mos, Gondomar, Boborás, Barbadás e Xinzo de Limia.

En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con 56 e 111 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos.

Imaxe do mapa da Xunta por concellos correspondente ao 22 de outubro de 2020. CAPTURA SERGAS
Imaxe do mapa da Xunta por concellos correspondente ao 22 de outubro de 2020. CAPTURA SERGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta