Prosegue a procura dun mozo de 17 anos que fuxiu dun centro de menores de Allariz

O rapaz está desaparecido dende o pasado venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2020 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

As forzas e corpos de seguridade continúan a procura para tratar de localizar a un mozo de 17 anos, Fernando Saguar González, que falta desde o pasado venres, día 16 de outubro, de Allariz. Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, ata o momento non hai novidades sobre o paradoiro deste mozo desaparecido o pasado venres dunha casa de menores habilitada no municipio ourensán de Allariz, inmoble no que só levaba cinco horas.

O instituto armado sinalou que o mozo xa desaparecera previamente dun centro de menores de Ávila e que fora localizado na Coruña. Precisamente, a Policía Nacional subiu ás súas redes sociais unha mensaxe no que pide colaboración para dar co menor e solicita a aquelas persoas que o puidesen haber visto que chamen ao 091, ao 062 ou ao 112.

Policía Local de Lugo.
Policía Local de Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta