Feijóo chama a prepararse para a restrición de liberdades ante unha "situación cada vez máis crítica" pola pandemia

O presidente da Xunta considera que Galicia está "comparativamente mellor" que a media estatal.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/10/2020 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, constatou este xoves o "empeoramento" da situación epidemiolóxica, aínda que Galicia está "comparativamente mellor" que a media estatal. Nesta conxuntura, avanzou que haberá que ser "firmes" e chamou aos cidadáns a "estar preparados" para a restrición de liberdades co fin de preservar "un ben" superior, a vida das persoas.

Control en Ourense pola limitación da mobilidade pola Covid-19
Control en Ourense pola limitación da mobilidade pola Covid-19 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Tras reivindicar que Galicia "segue sendo a Comunidade con menos camas ocupadas en UCI e en plantas de hospitais", advertiu que "o empeoramento" da situación epidemiolóxica indica que se achega o momento de "ser firmes e claros", dicir "as cousas como son" e "estar preparados para restricións no que respecta ás liberdades".

"A pandemia obríganos a elixir entre un mal menor e un mal maior", proclamou o presidente galego, antes de esgrimir que España está "cada vez nunha situación máis crítica", o que obriga ás "partes que a integran" a estar nunha situación de "alerta permanente".

Neste escenario, á espera das medidas que se poidan concretar nesta mesma xornada no marco do Consello Interterritorial do Sistema Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), o presidente xustificou as decisións adoptadas pola Xunta e apelou a non baixar a garda con familiares e amigos.

Lonxe de que non exista risco en ambientes familiares, esgrimiu que os datos "indican o contrario", a "relaxación" pode favorecer que o perigo aumente. Finalmente, fronte a "condutas temerarias", o presidente contrastou o "civismo xeneralizado" da poboación galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Andrés

Autopsias pódense facer ata de mortos de ébola ou de calquera patóxeno, non é nada novo, todo é cuestión de utilizar os medios de protección axeitados, dispoñibles dende hai décadas. Outra cousa é non querer facelas e poñer como excusa a suposta letalidade deste becho (incrible que os forenses calen). Con iso, efectivamente, xustifican a expropiación de liberdades e dereitos. E que morran anciáns de 90 anos nunca xustificou un suicidio xeralizado coma éste, un pouco de "Sentidiño", hó.

1 qwWN

Morren persoas de 90 anos por covid, que nin autopsias lles fan pola suposta peligrosidade, e xa temos unha "situación excepcional" para quitar as Libertades. É que non disimulan.

1 Sentidiño

Si, morre xente que nunca morrera. Autopsia non lles fai falta, porque saen da residencia diagnosticados de covid, van a planta, pasan a uci, e logo morren. Dicir que morren por teren 90 anos e quedar tranquilo demostra que hai vivos con corazón de zombi.