Temas: INDUSTRIA CEE XEAL

A Xunta esixiu a Xeal un plan de viabilidade e a empresa respondeu cun recurso, segundo o comité

Considera que é "unha mostra máis da fraude da operación de venda".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/10/2020 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

O comité de Xeal (con anterioridade Ferroatlántica) sinala que a Xunta pediu á empresa o plan de viabilidade pero que esta respondeu cun "simple plan de investimentos" que está a analizar o Goberno galego.

Concentración de traballadores de Xeal no Ézaro
Concentración de traballadores de Xeal no Ézaro | Fonte: Remitida.

Tras insistir a Xunta en requirir o plan, a empresa presentou un recurso contencioso-administrativo, segundo o comité, que engade que, despois, a dirección si remitiu "outro proxecto industrial", pero "sen renunciar a continuar adiante co contencioso administrativo".

Diso informan os representantes dos traballadores despois de reunirse este xoves co secretario xeral técnico da Vicepresidencia Económica e co director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

"Confirmouse que a empresa está a ignorar os requirimentos da Xunta a respecto do cumprimento das cláusulas das concesións, en concreto no relativo ao plan de viabilidade que está obrigada a presentar", denuncia o comité.

Despois de recibir un "simple plan de investimentos", a consellería volveu solicitar un plan "conforme ao establecido nas cláusulas", pero a resposta de Xeal, asegura o comité tras o encontro coa Xunta, foi "presentar un recurso contencioso administrativo contra o requirimento da administración galega".

"Unha mostra máis da fraude da operación de venda e de que o único interese de TPG-Ithaka está no negocio da enerxía e non na produción de ferroaleacións", conclúe.

Ante esta situación, os traballadores continuarán co calendario de mobilizacións e este venres está convocada unha nova concentración ante o Concello de Cee.

Temas: INDUSTRIA CEE XEAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta