Contradicións na Xunta sobre o toque de queda: Feijóo di que non e o seu conselleiro de Sanidade que si

Feijóo desbota esta posibilidade porque "alerta á comunidade internacional", mentres o Julio Comesaña aposta por activala pero sen que haxa que facelo a través do estado de alarma. simón defende aplicar o toque de queda porque favorecería o control da transmisión do virus

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, expresou este xoves que Galicia está a favor de "ter a capacidade" de decretar o to que de queda, aínda que rexeitou que esta posibilidade se vincule a un estado de alarma. Así o indicou durante a súa participación na reunión do Consello Interterritorial de Saúde, onde se abordou a posibilidade de impor 'toques de queda' nocturnos, como pediron algunhas comunidades, aínda que non se pechou un acordo.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.. XUNTA | Fonte: CONCHI PAZ

Este mesmo xoves, Feijóo opuñase tallantemente aos toques de queda e estados de alarma porque, como reiterou en varias ocasións, isto "alarmará máis á comunidade interancional" sobre a situación epidemiolóxica no Estado. Pero, sobre esta cuestión, García Comesaña manifestou que Galicia está "a favor de ter a capacidade de utilizar restricións" deste tipo, aínda que se opuxo a ligalas ao estado de alarma.

Pola contra, considera que deben derivar da petición da autoridade sanitaria competente ao Tribunal Superior de Xustiza, é dicir, que se manexe no ámbito da comunidade autónoma coa xustiza de cada rexión, "sempre baseándose en criterios epidemiolóxicos". Por outra banda, o conselleiro valorou, do mesmo xeito que o resto de comunidades, o documento de actuacións de resposta coordinada para o control da transmisión da covid-19, que foi aprobado sen oposición.

En particular, García Comesaña puxo en valor que o documento recolla, no seu texto final, que se trata dun marco común para o desenvolvemento das comunidades e que os indicadores e restricións sexan flexibles.

De feito, as autoridades sanitarias galegas apostan por engadir "máis indicadores" ao documento, como a urxencia hospitalaria. Sanidade considera que o problema pode estar nas comunidades con poboacións de menos de 20.000 habitantes, nas que os indicadores de incidencia acumulada "poden inducir a erro". Por iso, a consellería axustará estes indicadores e os niveis de alerta en función da poboación.

FERNANDO SIMÓN

Pola súa banda, o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, mostrouse partidario de aplicar o toque de queda porque, ao seu xuízo, pode favorecer o control da transmisión do coronavirus.

Simón pronunciouse así nunha rolda de prensa xunto ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, e a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, tras a celebración do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta