A desinfección por drons, futuro da loita contra a covid?

Universidades e pemes galegas colaboran para facer fronte ó virus empregando solucións tecnolóxicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2020 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Oito proxectos de investigación desenvoltos por pequenas e medianas empresas de Galicia en colaboración as universidades públicas buscan solucións innovadoras aos retos que expón a crise sanitaria derivada da covid-19 baixo o financiamento da Administración autónomica.

Trátase, segundo expuxo a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Agerey, en resposta a unha pregunta formulada polo PPdeG na Comisión 6ª do Parlamento de Galicia, dunha das liñas de axuda á investigación en asuntos relacionados coa pandemia.
O primeiro deles, desenvolvido por unha peme en colaboración coa Universidade de Vigo e que se atopa xa en fase de probas, traballa nun sistema de desinfección a través da dispersión de líquidos con drones.

Tamén na Universidade de Vigo leva a cabo outro proxecto que consiste na realización de cartografías para medir o risco da transmisión do virus en zonas rurais, o que permitirá a "localización" dos focos de contaxio e "que factores territoriais" actúan sobre a propagación do bacilo.

Outro dos proxectos seleccionados consiste no deseño dun sistema de control de acceso pensado para "grandes foros e congresos" que mide a temperatura e é capaz de distinguir a identidade das persoas.

Ademais, a empresa Tecdesof desenvolve un "resucitador" por control remoto, que permite controlar a distancia constantes como o osíxeno insuflado ao paciente e que permite reducir o contaxio para os sanitarios dado o seu funcionamento a distancia. Atópase en fase de validación por parte do Instituto Español de Medicamento.

O quinto dos proxectos seleccionados é o da compañía Setga, que traballa en cabinas de desinfección individualizadas, un equipo "similar a unha lavadora" que permite "descontaminar" todos os elementos dos EPI.

En sexto lugar figura o proxecto da 'start up' Bionics, que xa se atopa en fase de ensaios co seu respirador de baixo custo reutilizable que reduce á metade o prezo habitual deste equipo.

O sétimo dos proxectos é un ventilador mecanizado da compañía Fentotec que busca "paliar as deficiencias dos manuais, garantindo a ventilacion do paciente durante períodos prolongados" e que está feito con "elementos fáciles de atopar" en aras de evitar o "desabastecemento".

Por último está o sistema de diagnóstico rápido do covid que desenvolve a empresa MSLab e que permite unha detección "rápida", "desde casa" e "sen necesidade de persoal especializado" a través dun código de cores que arroxa resultados cunha fiabilidade "do 95%" nuns 30 minutos.

Unha investigadora. FIDR
Unha investigadora. FIDR

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta