O ministro Ábalos inaugurará o luns o tramo Zamora-Pedralba da liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia

Por E.P. | Madrid | 23/10/2020 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, presidirá o vindeiro luns, 26 de outubro, a inauguración do tramo Zamora-Pedralba de la Pradería, pertencente á Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia.

Tren AVE.
Tren AVE.

O ministro estará acompañado pola ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz; o secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Pedro Saura; o secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez Torrón, os presidentes de Adif, Isabel Pardo de Vera, e de Renfe, Isaías Táboas, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, entre outras autoridades.

O tren partirá da estación de Zamora e finalizará o seu percorrido na nova estación de Sanabria, onde se celebrará o acto de inauguración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta