Temas: AS PONTES ENDESA

Endesa cancela indefinidamente as probas con biocombustibles na térmica polo bloqueo dos transportistas

A empresa xustifica esta decisión por non poder atender as demandas que lle expoñen os camioneiros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/10/2020 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

A empresa Endesa anunciou que suspende indefinidamente as probas con biocombustibles que actualmente executaba na central térmica que a compañía ten nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña), unha decisión que vincula co bloqueo que os transportistas do carbón realizan por segundo día consecutivo para evitar o poder trasladar dúas bombas que non chegaron a ser instaladas en dita central durante as obras de transformación executadas nos últimos anos.

Camións bloquenado o acceso á central térmica de Endesa nas Pontes
Camións bloquenado o acceso á central térmica de Endesa nas Pontes | Fonte: Cedida.

Ditas probas realízanse para avaliar se é rendible tanto técnica como economicamente a produción de enerxía eléctrica con biocarburantes, e non só con carbón, como ocorreu, unhas probas que se realizaron ao longo dos últimos días a pesar de ter oficialmente solicitado o seu peche.

Fontes de Endesa tamén trasladaron que decidiron cancelar a reunión prevista para o vindeiro martes, 27 de outubro, coas empresas contratistas para clarificar o futuro do seu persoal. Vincularon tamén esta decisión coa actitude dos transportistas, ao estimar que estes desprezan o diálogo coa compañía e a colaboración ofrecida para alcanzar unha transición xusta cara á descarbonización en curso.

Estiman por parte da empresa pertencente ao grupo italiano Enel que non poden admitir o bloqueo da central por quen expoñen unhas reclamacións que non está na súa man atender.

Ademais, apuntan que a cancelación das probas de biocombustibles e a suspensión do diálogo cos contratistas constitúen unha consecuencia achacable aos que impiden a actividade ordinaria na instalación e privan ao persoal do seu dereito ao traballo con normalidade.

Por último, as mesmas fontes incidiron en que Endesa ten a vontade de recuperar a normalidade axiña que como sexa posible.

Temas: AS PONTES ENDESA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta