Pontevedra e A Coruña en aviso laranxa por temporal e ondas de 5 e 6 metros

A Xunta apela a responsabilidade dos cidadáns para que cumpran coas normas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2020 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O aviso laranxa por temporal costeiro amplíase este domingo tamén ao litoral de Pontevedra, que permanecerá en alerta xunto coa costa da Coruña ante a previsión de ondas de entre 5 e 6 metros.

A decisión foi comunicada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior nun comunicado no que apela á responsabilidade dos cidadáns para que cumpran coas medidas de seguridade e se manteñan afastados da primeira liña de costa.

Así, a alerta, activa este sábado na costa coruñesa por ventos de forza 8, tamén afectará o litoral pontevedrés. Por todo iso, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE), informou da declaración aos concellos, deputacións, servizos provinciais, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos afectados, entre outras entidades.

Neste contexto, a Xunta lembra a importancia de que as persoas se manteñan afastadas da liña de costa e doutras zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar a persoas ou obxectos.

Ondada na costa de Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
Ondada na costa de Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta