A Deputación de Pontevedra concede axudas para entidades sociais que fomentan a igualdade de xénero

Por E.P. | PONTEVEDRA | 24/10/2020 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou esta semana a concesión de subvencións, por un importe total de 108.000 euros, destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que fomenten a igualdade de xénero e loiten contra a violencia machista.

Tal e como lembrou este sábado a presidenta da Deputación, Carmela Silva, estas axudas permitirán que estes organismos "poidan desenvolver múltiples actividades" neste campo. Entre elas, destacou "programas de información e apoio" a vítimas de violencia de xénero, "proxectos de formación" para facilitar a inserción laboral de mulleres en situación de vulnerabilidade e "actividades de empoderamiento", entre outras.

En concreto, as axudas están destinadas a un total de 26 entidades de dez municipios pontevedreses: Cambados (1), Cangas (1), Lalín (2), Marín (1), Mos (1), Pontevedra (3), Silleda (1), Tui (1), Vigo (13) e Vilagarcía de Arousa (2).

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta