Reabre a planta de Oncoloxía do Hospital de Pontevedra tras 23 contaxios por COVID-19

O hospital anuncia a realización dun cribado xeral entre 1.300 traballadores.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/10/2020 | Actualizada ás 22:40

Comparte esta noticia

A área de Oncoloxía 2 do Hospital Provincial de Pontevedra reactivará a actividade asistencial "nas próximas horas" despois de días pechada como consecuencia do brote de COVID-19 detectado, con 23 positivos entre o persoal e os pacientes.

Así o anuncia a Xerencia da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés nun comunicado, no que explica que a reapertura desta planta prodúcese tras un "proceso intensivo de limpeza e desinfección" das habitacións, os espazos comúns e as áreas de uso profesional.

En canto aos pacientes da planta que contraeron o coronavirus e que posteriormente foron trasladados ás zonas de hospitalización COVID do Montecelo, a área Sanitaria confirma que "continúan coa súa evolución" igual que os profesionais contaxiados, que "seguen illados nos seus domicilios".

Por outra banda, a Xerencia informa da realización dun "cribado xeral" por PCR a case 200 pacientes e 1.300 traballadores do Provincial, que é "o primeiro deste calibre" efectuado nun centro hospitalario da rede pública do Servizo Galego de Saúde (Sergas) desde o inicio da pandemia.

Unidade de reanimación do Hospital Montecelo. XUNTA - Arquivo
Unidade de reanimación do Hospital Montecelo. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta