A Policía Local de Carballo denuncia a un local nocturno que permanecía aberto unha hora despois do límite

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2020 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

A Policía Local de Carballo denunciou ao propietario dun establecemento de lecer nocturno que permanecía aberto e con xente no seu interior case unha hora despois do límite horario para o peche dos establecementos de hostalaría.

Segundo fontes do corpo municipal de policía, os axentes que patrullaban as rúas de Carballo na madrugada do sábado localizaron este local, que continuaba aberto ao fío das 02,00 horas con persoas no seu interior.

Tras proceder ao desaloxo do local, os axentes formularon unha denuncia por incumprimentos do horario máximo permitido que fixa as 01,00 horas como límite.

Foto policía local
Foto policía local | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta