O BNG saúda un estado de alarma "máis descentralizado"

Feijóo defenderá a postura de Galicia nunha Conferencia de Presidentes marcada polo estado de alarma

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2020 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, saudou este domingo que o novo estado de alarma sexa "máis descentralizado" que o anterior para conter a pandemia da COVID-19, pero criticou que o presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, pretenda pedir ao Congreso unha prórroga de seis meses en lugar de facelo cada 15 días.

"En circunstancias excepcionais é máis necesario que nunca o funcionamento normalizado da democracia e do poder Lexislativo, que debe estar a funcionar pero tamén verificando que todo se faga de maneira correcta", explicou, en declaracións aos medios.

A líder do Bloque expresou que a declaración este domingo do novo estado de alarma "deixa en evidencia que era posible" unha forma de xestionar "máis descentralizada", posto que esta vez serán os presidentes autonómicos as autoridades delegadas.

Neste contexto, Pontón, como líder da oposición galega, pediu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que compareza "de maneira urxente" no Parlamento de Galicia "nun pleno monográfico" para informar as medidas que adoptará ante a segunda onda e no marco dun estado de alarma cuxas principais decisións estarán en mans das comunidades. 
"O Parlamento debe achegar e colaborar para facer fronte a un virus que ameaza as nosas vidas e a nosa economía", engadiu Pontón.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na rolda de prensa ofrecida no Parlamento de Galicia. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na rolda de prensa ofrecida no Parlamento de Galicia. BNG | Fonte: Europa Press

RESPOTA DE FEIJÓO

Pola súa banda, o presidente galego agardará a este luns para dar conta da súa postura contraria a esta medida tras o encontro que manterán o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, e os líderes autonómicos na XXIII Conferencia de Presidentes. A reunión, que se desenvolverá de maneira telemática, está prevista para abordar os criterios de repartición dos fondos europeos que chegarán a España e contará ademais coa presenza virtual da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

na reunión de mañán estará un individuo que ten secuestrada a "liberdade de prensa" sen permitir baixo estado de alarma a publicidade dos Plenos Municipais (é só un exemplo do que pode suceder ao longo destes 6 meses cando se tramita o PXOM en Vigo!) Ana Pontón pode dicir misa o caso é que vai votar Nestor Rego (carta branca por 6 meses?) E sobre o Estado de Alarma "descentralizado" eiquí en Galicia xa o teñen superdescentralizado: cada deputada pode charlar dende a súa casa e cobrar coma se estivese a traballar no Parlamento (?) Morro total ! http://www.parlamentodegalicia.es/P... A vivir que son SEIS MESES !

1 Xeitoso

E ti, Gamela, que es capaz de arranxalo todo, porque non te presentaches as eleccións???

2 Gamela

Ninguén é quen de "arranxalo todo" (afortunadamente) pero deberamos preguntarnos como é posible que os que viñan a "arranxalo todo" o fagan rematadamente tan mal (?) E iso é o que trato de denunciar nos meus comentarios (pero se necesitas un líder, eu non son ese que tí pensas ou soñas e nin siquera penso que fora boa cousa atopar a ese "salva patrias" que todos venden!) Sí agradezo a liberdade de expresión (e información) que aínda temos grazas a GC! Suxíroche esta lectura : https://twitter.com/00Gamela/status... Saúde e Boa Fortuna !