Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2020 | Actualizada ás 19:31
A residencia habilitada no Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi), situado en Santiago, para persoas maiores con covid recibiu os primeiros usuarios, que proceden do xeriátrico de Boqueixón afectado por un foco que conta con 9 persoas infectadas.
Diso informou a xerencia da área sanitaria de Santiago, que precisa que a residencia integrada para maiores creada no Cegadi ten capacidade para case 60 prazas.
Ao longo deste domingo chegaron a este centro, situado no compostelán barrio de Salgueiriños, os sete primeiros usuarios, procedentes da residencia Santa Olalla de Boqueixón, afectada por un gromo que deixa sete maiores e dous traballadores infectados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.