O BNG quere que a nova lei de Educación recoñeza o "carácter plurinacional" do Estado

Presenta máis de 100 emendas á reforma desta lei.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2020 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou máis 100 emendas ao proxecto para a reforma da lei de Educación presentada polo Goberno central. O obxectivo principal da formación frontista, segundo recolle un comunicado, é que se reforce o papel das autonomías na xestión das súas competencias en materia educativa.

Así, as emendas rexistradas polo deputado nacionalista no Congreso Néstor, que van na liña de apostar por un sistema educativo "verdadeiramente público", que "asegure" a educación en lingua galega e dote de "os recursos materiais e humanos necesarios para que sexa unha educación de calidade".

"É necesario que a lei recoñeza o carácter plurinacional, pluricultural e plurilingüe do Estado, no sentido de que o Goberno español non impoña medidas unilateralmente, senón que toda a normativa básica parta do acordo coas diferentes comunidades autónomas, o que permitiría adaptar o marco educativo legal a nosa propia realidade", sinalou o parlamentario galego.

Deste xeito, o Bloque propón que "todas" as decisións en materia eduactiva sexan "acordadas" entre comunidades autónomas e "respecten" as competencias exclusivas que recaen na Xunta de Galicia. Así mesmo, reclama a redución dos cocientes máximas en todos os niveis, así como a gratuidade universal na educación de 0 a 18 anos.

Néstor Rego, deputado do BNG. BNG
Néstor Rego, deputado do BNG. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 nostrus

"adaptar o marco educativo legal a nosa propia realidade". Pero si precisamente éo bloque quen non respeta a realidade social galega e concibe unha Galicia artificial acorde a sua inxeñeria social baseada en ilusions e manías identitarias, mentras mete no armario a Galicia de verdade. Galicia é o conxunto de personas e territoirio coa suas costumes, o seu paisaxe, as suas linguas. Galicia somos todos e o bloque pensa que só son eles.

2 Ponteareas

Sería inaplazable tamén a absorción progresiva da ensinanza privada pagada con fondos públicos. Debería incluir tamén o mantemento do posto de traballo dos profesionais deses centros.

1 Casti

Concordo totalmente!

1 Gamela

Sobre a "democratización do aprobado" que propón a Señora de Neguri a UPG non ten criterio propio (?) Falaremos galego na rúa e na escola ! Pero falaremos de trapalladas para que non se note moito a carencia dunha mínima "comprensión lectora" (nesto socialistas e nacionalistas seica danse a man!) Así imos superar en un curso escolar as cifras de "fracaso escolar" sen gastar un pataco ! Joder que tropa !