A Asociación para a Defensa da Sanidade cre que "non é o momento de folgas"

Destaca que é un momento "crítico para a saúde da poboación" pero insiste en pedir un incremento de orzamentos para a sanidade e recuperar aos sanitarios emigrados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2020 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera que "non é o momento de folgas sanitarias", senón con "carácter urxente" de incrementar os orzamentos sanitarios e os persoais dos centros.

Así o expuxo esta asociación nun comunicado ante a folga deste 27 de outubro convocada en toda España pola Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) contra o "decretazo" aprobado polo Goberno para a incorporación ao sistema de profesionais extracomunitarios. "Non é un momento de folgas sanitarias nun momento tan crítico para a saúde da poboación e o futuro do sistema sanitario público", sinalou esta asociación nun comunicado.

Por iso, reivindica un incremento dos orzamentos sanitarios, en especial na Atención Primaria, así como un aumento dos persoais dos centros "recuperando aos sanitarios que se foron de Galicia pola a precariedade das condicións laborais" e "mellorar a situación dos centros de saúde aumentando a súa actividade presencial e suprimindo as trabas de acceso".

Tamén aposta a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública por "pór a pleno rendemento aos hospitais abrindo pola tarde e establecendo circuítos para pacientes con Covid para atender as enormes listas de espera acumuladas".

"Aínda que compartamos o rexeitamento á incorporación de profesionais sen a debida acreditación dunha formación específica similar ao MIR que garanta a seguridade e a calidade da atención, consideramos que a resposta non debería ser unha folga que reduza aínda máis a actividade sanitaria de persoal recortado polas políticas neoliberais do PP, cando á mortalidade por Covid hai que sumar a mortalidade por outras enfermidades", conclúe.

Manifestación en defensa da sanidade pública galega convocada por SOS Sanidade Pública, en Santiago de Compostela (Galicia) a 9 de febreiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Manifestación en defensa da sanidade pública galega convocada por SOS Sanidade Pública, en Santiago de Compostela (Galicia) a 9 de febreiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta