O Concello de Sada activa o protocolo tras detectarse un positivo nunha concelleira

As probas realizadas entre persoal municipal, ademais de alcalde e outros edís deron negativo

Por E.P. | Sada | 26/10/2020 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O alcalde de Sada, Benito Portela e concelleiros do concello deron negativo na PCR que se realizaron tras detectarse un positivo por Covid nunha concelleira, segundo informa o consistorio, que activou o protocolo existente.

En concreto, explica que, ao confirmarse o venres o positivo na edil, o concello levou a cabo unha campaña de desinfección das dependencias municipais de Axudantía, "seguindo o protocolo sanitario, ademais do confinamento de parte dos membros do goberno municipal, entre eles o alcalde".

Este luns, engade, coñecéronse os resultados das probas PCR realizadas nos centros sanitarios polos concelleiros confinados, das que todas deron un resultado negativo. Por outra banda, indica que desde o concello ofreceuse a todos os traballadores municipais a posibilidade de realizar voluntariamente este luns unha proba rápida para a detección de anticorpos contra o Covid-19, "con resultado negativo en todas elas".

Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN
Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta