Autónomos galegos alertan da "catástrofe que se aveciña" con peches masivos polo estado de alarma

Cifra en "medio millón" de autónomos os que se verán obrigados ao peche a final deste ano.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/10/2020 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

A Federación de Autónomos de Galicia alerta da "catástrofe que se aveciña" con peches masivos a raíz do estado de alarma e as novas restricións existentes polo impacto do coronavirus.

Traballadores autónomos
Traballadores autónomos

Cifra en "medio millón" de autónomos os que se verán obrigados ao peche a final deste ano en todo o país debido a unhas medidas que os leva a "a ruína".

De feito, prevén que a recuperación non chegará para os autónomos ata o ano 2024, pero para "centos de miles de autónomos non vai chegar nunca".

Ante esa situación, demandan medidas "urxentísimas" como prorrogar os ERTE durante todo o ano 2021, sobre todo en hostalaría, turismo e lecer.

Tamén reclaman prorrogar a prestación por cesamento de actividade compatible coa actividade durante todo o 2021 e restablecer a prestación extraordinaria por cesamento de actividade para autónomos afectados por gromos.

Outras peticións que realizan pasan por reducir as cotizacións polo menos nun 20% e as cotas á Seguridade Social nun 50% ata final de 2021 para todos aqueles que sufran unha caída de ingresos igual ou superior ao 50% do terceiro trimestre de 2020.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta