A Xunta atribúe ás súas políticas que Galicia cree emprego "de calidade" e o PP di que é unha "heroicidade"

Valora que os fogares con todos os seus membros activos ocupados aumentaron en 2.800 e descenderon os que teñen todos os activos en paro en 3.900.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/10/2020 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou que "a estabilidade de Galicia e as políticas de emprego que desenvolve a Xunta permitiron crear emprego", tras coñecerse os datos da enquisa de poboación activa (EPA) que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Traballador.
Traballador.

Respecto diso, asegura que "a máxima prioridade do Goberno galego segue sendo impulsar a economía e crear traballo", no actual contexto de crise pola pandemia de coronavirus.

Lado sinalou que a EPA reflicte que Galicia, a pesar da covid-19, logrou crear "traballo de calidade", xa que os empregados con contrato indefinido "creceron na evolución anual e trimestral" e na actualidade "tres de cada catro ocupados galegos son indefinidos".

Con respecto ao segundo trimestre, valora que os fogares con todos os seus membros activos ocupados aumentaron en 2.800 e descenderon os que teñen todos os activos en paro en 3.900.

Pola súa banda, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegura que Galicia crea emprego "de calidade" na "era da covid-19", o que ve "unha heroicidade".

Os populares afirman que non caerán "nunca" na "autocompracencia", mentres "miles de galegos teñan necesidades que o mercado laboral non pode satisfacer".

Con todo, valora que o plan de reactivación económica da Xunta "empeza a dar froitos" e confróntao con que o Goberno central "non fai o suficiente para evitar a sangría de postos de traballo".

Ademais, en relación co proxecto de orzamentos xerais do estado, advirte de que "non é o momento de aumentar a presión fiscal ás empresas, senón de contar cun orzamento máis social e equilibrado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta