O alcalde de Ponteceso esixe aos tres edís socialistas expedientados que entreguen as súas actas

Lamenta as "artimañas" levadas a cabo por estes concelleiros, polas que pide "perdón" aos veciños.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/10/2020 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, emprazou a entregar a súa acta aos tres edís socialistas expedientados polo PSOE provincial tras difundirse un vídeo no Faustino Santiago Lema, Ana Pérez Ímia e Salvador Eiroa esixían diñeiro a cambio de garantir a estabilidade no Concello, en concreto, entre 600 e 350 euros.

Lois Carballido, alcalde de Ponteceso.
Lois Carballido, alcalde de Ponteceso.

Ao respecto, o rexedor considerou que as súas actitudes "non son compatibles" co código ético do Partido Socialista, polo que lles pide que dimitan do cargo para deixar paso a outros membros da lista que traballen polo ben da localidade.

O alcalde, que lembrou que o PSOE entrou a gobernar en 2015 despois de 22 anos de goberno do PP, asegurou que se atopou un "concello moi arruinado", con máis de "5 millóns de euros de débeda". Con todo, sinalou que o seu equipo colleu o mando "con moita ilusión" e conseguiu que a débeda se reducise a "só un millón" á vez que se "multiplicaron" os investimentos.

"Os veciños premiaron esta xestión e multiplicáronnos o apoio", lembra García Carballido, que sinala que o PSOE local pasou de catro a oito edís nas últimas municipais. Neste contexto, sostén que os edís agora díscolos foron convidados polo PSOE para formar parte da candidatura das municipais de 2019.

Con todo, lamenta que "desde o principio" estes sentísense " decepcionados" por "non conseguir o que querían" e que, na súa opinión, pasaban por "rendibilizar o éxito" electoral "a nivel económico persoal" en lugar de "facer un servizo público".

Ademais de censurar que chegasen ao extremo de "pór prezo ao seu voto" e de esixir, nalgún caso, o pago de "atrasos", lamentou que outros dous edís chegasen a posionarse nalgunha votación á beira dos agora expedientados.

"Mostran intereses persoais e monetarios moi feos", sostén o rexedor, que afirma que "o PSOE non fai as listas pensando en pagar á xente soldos nin postos de traballo", senón en "facer un servizo público" en beneficio dos veciños.

Ademais, lembra que el mesmo ostentou o bastón de mando "sen cobrar nada" durante dous anos e medio mentres exercía de profesor, unha situación na que tamén se atopa na actualidade despois de que os edís díscolos apoiasen unha moción de APIN-SON que reclamaba baixar o salario do rexedor.

"A política local nun concello pequeno non se trata de buscar un beneficio económico, senón de dar servizos", argumenta o alcalde, que carga contra as "artimañas" levadas a cabo por estes concelleiros e pola que pediu "perdón" aos veciños.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta