O PSOE acusa a Baltar de ter a un "transfuga" de Democracia Ourensana da Deputación

Esixe un informe sobre os efectos na Deputación de Ourense do fallo que impide que tránsfugas ocupen cargos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O Partido Socialista pediu un informe xurídico á secretaria xeral da Deputación de Ourense para coñecer os efectos da sentenza do Tribunal Supremo que impide que os tránsfugas asuman novos cargos na situación do actual vicepresidente segundo, José Miguel Caride.

Os socialistas queren coñecer como afecta o fallo á situación do vicepresidente nomeado o 28 de setembro e declarado tránsfuga por Democracia Ourensana (DO), a formación política pola que foi elixido.

Foto de arquivo do pleno da deputación provincial de Ourense. DEPUTACIÓN DE OURENSE - Arquivo
Foto de arquivo do pleno da deputación provincial de Ourense. DEPUTACIÓN DE OURENSE - Arquivo

Nun comunicado remitido aos medios, o PSOE de Ourense considera que o presidente provincial, Manuel Baltar, debe aclarar se se vai a "incumprir deliberadamente a doutrina do alto tribunal ao manter na vicepresidencia a un tránsfuga non adscrito xa que o pleno deste venres outorgará esa condición a Caride".

Así, sosteñen que de forma oficial Caride deixará de formar parte de DO e obterá a condición de non adscrito no pleno ordinario deste venres. Ademais, indican que o secretario xa emitiu un informe no que, entre outros asuntos, propón "tomar coñecemento do pase á condición de membro non adscrito" deste deputado provincial e "a modificación da composición do grupo provincial de Democracia Ourensana", que pasa a estar integrado por Armando Ojea Bouzo.

O PSOE resalta que a interpretación do Supremo do artigo 73.3.3º da Lei reguladora das bases do Réxime Local "evidencia unha vez máis o caciquismo imperante na institución provincial" polo que piden "aclarar xa esta anomalía".

"O ascenso meteórico de Caride foi unha compensación de Blatar", asegura o PSOE, que pide ao secretario o detalle dos efectos do fallo e avanza que reclamarán a Baltar que aclare se vai incumprir " deliberadamente" a doutrina establecida polo alto tribunal, ao manter na vicepresidencia a un tránsfuga non adscrito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta