Investigadores de fundacións santiarias reclaman reiniciar a negociación do convenio colectivo

Os traballadores das fundacións galegas efectuaron esta demanda en declaracións aos medios ofrecidas na mañá deste mércores fronte ás instalacións do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS), no Hospital Clínico de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/10/2020 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

Os investigadores das fundacións sanitarias reclaman que se reinicie a negociación do convenio colectivo, que está aparcada desde o pasado mes de xullo, cando quedou suspedida polo período de vacacións sumado á transición para o nomeamento da administración autonómica tras as eleccións.

Os traballadores das fundacións galegas efectuaron esta demanda en declaracións aos medios ofrecidas na mañá deste mércores fronte ás instalacións do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS), no Hospital Clínico de Santiago.

Mabel Sampedro, traballadora deste centro, denunciou que, tras máis de ano e medio de conversacións e cando había un "ritmo considerable", a negociación do convenio quedou paralizada no mes de xullo.

"Estamos a esperar que alguén volva tomar as rendas da negociación", sinalou esta traballadora, que puxo o acento en que o sector carece de "ningún tipo de regulación" específica e que, por tanto, non existen "táboas salariais mínimas" para a carreira profesional ou "dereitos e deberes" para empregados que, nalgúns casos, "levan máis de 18 anos no sector".

Deste xeito, consideran que, a pesar da pandemia, o convenio ten un "atraso considerable" que impide "dignificar" a profesión, o que, como subliñou, cobra maior relevancia nun contexto como o actual, marcado pola pandemia.

Así as cousas, segundo expuxeron os traballadores, a denuncia pública realizada este mércores é o primeiro paso antes de novas accións como mobilizacións para demandar a reactivación das conversacións.

Unha demanda que foi trasladada ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e que a "falta de resposta" por parte do mandatario autonómico motivou a convocatoria deste mércores.

"Non podemos permitir que siga a fuga de cerebros, que se marche a xente constantemente porque as condicións laborais que hai non son as adecuadas", subliñou Mabel Sampedro.

Investigadores das fundacións sanitarias denuncian a falta dun convenio colectivo
Investigadores das fundacións sanitarias denuncian a falta dun convenio colectivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta