Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 15:19
Os positivos por Covid-19 detectados tras cribados que se realizaron traballadores do servizo de cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) aumentaron a 14.
Así o confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, despois de que hai unha semana transcendesen 12 positivos por Covid-19 detectados tras dous cribados aos 185 traballadores do servizo de cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
As mesmas fontes sanitarias ratificaron que está programado un novo screening esta semana para facer un seguimento desta situación tras ser detectado o primeiro caso o venres 16 de outubro. Tras transcender o brote, por parte da área sanitaria compostelá asegurouse que o servizo de cociña do CHUS "segue prestándose sen incidencias" e "con total garantía".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.