As pernoctacións extrahoteleiras esborrállanse un 33,5% en setembro

O emprego cae un 13%, con 239 traballadores menos.

Por E.P. | Vigo | 29/10/2020 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 143.853 pernoctacións extrahoteleiras en setembro --en cámpines, apartamentos turísticos e casas rurais--, o que supón unha caída do 33,5% respecto ao mesmo mes de 2019.

Con todo, este retroceso é 25 puntos menor que a baixada media do 58,4% en España, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE). A maior caída prodúcese entre as casas rurais, que quedan na metade de pernoctacións que hai un ano, seguida dos apartamentos turísticos, mentres os cámpines son os que mellor resisten.

O total de viaxeiros que visitaron establecementos extrahoteleiros galegos foi en setembro de 42.985, o que se traduce nunha redución do 46,7% respecto de hai un ano. As casas rurais abertas son 435, 59 menos que hai un ano; mentres hai 74 cámpines operativos --sete menos--. As prazas en apartamentos turísticos son 6.640 --310 menos--.

Pola súa banda, hai unha perda de emprego de 239 traballadores (-13,4%) respecto de 12 meses antes, ata quedar nun total de 1.550.

Casa rural, campo, despoboamento, turismo interior, pobo
Casa rural, campo, despoboamento, turismo interior, pobo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta