O Goberno impulsa un órgano para "garantir o cumprimento" do estado de alarma en Galicia

O Centro de Coordinación vén de ser constutuído da man de Javier Losada, delegado do Goberno.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presidiu este xoves a sesión constitutiva do Centro de Coordinación (CECOR) cuxo obxectivo é "garantir o cumprimento de todas as medidas contidas na declaración do estado de alarma na Comunidade Autónoma".

Tras esta reunión, o delegado do Goberno reiterou a súa petición á cidadanía de seguir actuando con "responsabilidade" fronte á pandemia. Tamén reiterou que as forzas de seguridade "están sempre para axudar e para garantir que as normas, sexan as que sexan, cúmpranse".

Este órgano de coordinación, que xa estivo a prestar servizo durante os dous meses e medio do anterior estado de alarma, está recollido no Real Decreto 926/2020 de 25 de outubro polo que se declara de novo para conter a propagación do coronavirus.

En Galicia, esta primeira sesión contou coa presenza do delegado do Goberno; o xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balseiro; o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil, Luís Francisco Rodríguez; o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal; a xefa da Unidade de Protección Civil da Delegación do Goberno, Dores Gómez; a secretaria xeral accidental da Delegación do Goberno, Eva Vázquez; e a xefa de Gabinete do delegado do Goberno, María Rivas.

O CECOR ten como obxectivo promover a coordinación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de Galicia, a cogobernanza entre administracións e a unificación dos criterios de actuación respecto da aplicación das normas que se aproben durante a vixencia do actual estado de alarma.

"Consideramos que esta mesa é prioritaria para garantir e reforzar a vixilancia cidadá, controlar que se cumpren as restricións establecidas en reunións e movementos, ademais das novas medidas que se vaian establecendo nesta nova situación", indica Losada nun comunicado.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, preside a sesión constitutiva do Centro de Coordinación (CECOR). DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, preside a sesión constitutiva do Centro de Coordinación (CECOR). DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta