Só 1 de cada 5 graduados universitarios en Galicia non consegue traballo

A taxa, con todo, segue a estar á cola do Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

A taxa de emprego era do 83,3% en 2019 dos graduados universitarios galegos do curso 2013-2014, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE) Esta taxa é case tres puntos inferior á media española (do 86,1%). De feito é a quinta máis baixa entre comunidades, con Andalucía á cola (78,3%). No outro extremo está La Rioja (91,9%).

Con todo, a inserción laboral dos graduados galegos creceu en máis de 10 puntos nun lustro, posto que o 72,5% dos que terminaron no curso 2009-10 estaban empregados en 2014. Para os titulados en máster no curso 2013-14 a taxa de emprego en 2019 ascende ata o 87,8%, neste caso similar á media española (87,3%).

Respecto ao lugar no que traballaban os universitarios galegos en 2019 (graduados en 2013-14), un 73,5% deles facíao en Galicia, mentres un 16,5% noutras comunidades e un 10% no estranxeiro.

DATOS ESTATAIS

Os graduados universitarios do curso 2013-2014 presentaban a finais do ano 2019 unha taxa de actividade do 93,6% en España (94,4% os homes e 93,0% as mulleres).

A taxa de emprego era do 86,1% (en homes do 87,8% e en mulleres do 84,9%). A taxa de paro cinco anos despois de titularse era do 8,0%. O desemprego afectaba máis as mulleres (taxa do 8,8%, fronte ao 7,0% dos homes).

Na anterior enquisa, realizada en 2014 a taxa de paro de graduados universitarios do curso 2009-2010 foi do 19,2%. Pola súa banda, o 6,4% dos graduados estaba en situación de inactividade en 2019. Dous de cada tres deles continuaban estudando cinco anos despois de terminar os estudos.

Unha estudante universitaria utiliza un computador. UNIVERSIDADE DE VIGO - Arquivo
Unha estudante universitaria utiliza un computador. UNIVERSIDADE DE VIGO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta