A Xunta defende ás casas de apostas por implantar "todas as medidas de prevención"

O Goberno galego xa avogara por mantelas abertas malia o peche do ocio nocturno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na inauguración do VII Atopo da Asociación Galega de Empresas Operadoras (AGEO) para a competitividade do sector, onde destacou o traballo do sector do xogo para adaptarse á pandemia coa implantación de "todas as medidas de prevención e organizativas" recollidas no protocolo aprobado pola Xunta para combater a covid-19 neste ámbito.

Durante a súa intervención, segundo informa a Xunta nun comunicado, Rueda incidiu en que a implicación do sector para pór en marcha e cumprir coas medidas esixidas polas autoridades sanitarias "contribuíu a que non se detectaron brotes asociados a este ámbito nin infraccións polo seu incumprimento".

Ademais, remarcou "o diálogo fluído" para atender as súas demandas polas consecuencias da paralización da actividade durante o estado de alarma, en especial en "axilizar a tramitación electrónica das xestións das empresas".

"MÁXIMO CONSENSO"

Por outra banda, en canto á tramitación da futura Lei do xogo, que permitirá actualizar a anterior norma aprobada en 1985, subliñou que a Xunta "traballará para conseguir o máximo consenso entre todos os sectores involucrados e tendo en conta tamén as demandas da sociedade".

Nesta liña, apelou á responsabilidade de todas as partes nun sector "cunha actividade lícita que se atopa moi regulada e, en consecuencia, moi vixiada e controlada".

Salón de xogo con carteis publicitarios das súas apostas, en Madrid, a 3 de outubro de 2019.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Salón de xogo con carteis publicitarios das súas apostas, en Madrid, a 3 de outubro de 2019.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta