O BNG acusa á Xunta de estar no "seu grupo burbulla" sen afrontar a "situación gravísima" da COVID-19 nos centros

"Cremos que é urxente afrontar esta situación", din os nacionalistas, ante uns centros que "están ao limite do soportable" tanto polo "caos" da xestión dos positivos ou os atrasos para informar aos afectados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O BNG trasladou este xoves a súa "enorme preocupación" pola "situación gravísima" que están a afrontar os centros debido á escalada de contagios por COVID-19 entre o alumnado e o profesorado, que suman xa case o milleiro de positivos e que representan entre o 13 e o 14 por cento do total de casos activos de Galicia.

É por iso que o deputado Manuel Lourenzo instou á Consellería de Cultura, Educación e Universidade a abandonar a "soberbia" e os "bandazos" e "saír do seu grupo burbulla" de San Caetano para atender a deriva da pandemia nas instalacións educativas, que xa experimentan un ritmo de contaxios superior ao da sociedade galega.

A incidencia da COVID-19 esixe "un maior esforzo" por parte da Xunta, insiste Lourenzo, que reiterou que Román Rodríguez debe "abandonar a improvisación" e escoitar as demandas de que leva trasladando a comunidade educativa "desde hai meses".

As cifras son "absolutamente demoledoras", advertiu, para insistir en que o discurso dos centros como barreira e devasa do virus "fai auga por todos lados", sobre todo tendo en conta que os datos achegados polas autoridades sanitarias non recollen a incidencia real da pandemia nestas instalacións, ao non incluír todas as aulas pechadas ou os alumnos que se atopan en corentena.

"Cremos que é urxente afrontar esta situación", insistiu o parlamentario nacionalista, ante uns centros que "están ao limite do soportable" tanto polo "caos" da xestión dos positivos ou os atrasos para informar aos afectados.

"NON SON TEMPOS DE SLOGAN"

Entre eles, mencionou os problemas con alumnado que presenta historial clínico noutro centro sanitario diferente ao adscrito ao seu centro, ou a necesidade de achegar unha solución a familias con membros que padecen enfermidades graves e que temen que os seus fillos poidan traer un contaxio a casa "que pode ser letal".

A maiores, urxen impulsar dunha vez o protocolo para o ensino a distancia ante os centos de alumnos que se atopan en corentena polos positivos nos seus centros ademais de reforzar a repartición de medios de protección aos centros e de máscaras, tras esgotarse a remesa de principios de curso.

"Non son tempos de slogan, non son tempos de soberbia", advertiu o BNG, senón de atallar unha situación e unha tendencia de contagios que vai "in crescendo" nas instalacións educativas galegas e que "desmonta o discurso" de que as aulas son "espazos seguros".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta