Suspendidos temporalmente no Clínico de Santiago os permisos para enfermaría por non haber substitutos

Así mesmo, ratifican que todos os días de vacacións e permisos non gozados sumaranse aos correspondentes ao ano próximo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) informou este xoves de que se viu "na obrigación" de suspender temporalmente os permisos de persoal de enfermaría --enfermaría e auxiliares-- para "garantir a asistencia sanitaria aos pacientes".

Segundo trasladaron fontes da área sanitaria, preguntado pola denuncia de FeSP-UGT sobre esta decisión, a decisión tomouse ante a "imposibilidade" de atopar persoal de substitución "tanto nas listas de contratación propias como no INEM".

"Todos os profesionais que habitualmente configuran estas listas para poder facer substitucións do persoal xa están contratados para postos habilitados a maiores por parte da Xerencia", indican as mesmas fontes, que garanten que, no momento en que sexa posible cubrir as ausencias con persoal das listas de contratación, retomarase a concesión de permisos.

Así mesmo, ratifican que todos os días de vacacións e permisos non gozados sumaranse aos correspondentes ao ano próximo.

FeSP REXEITA A DECISIÓN

En cambio, FeSP-UGT rexeitou a denegación de permisos a trabajores do CHUS e esgrimiu que esta medida non se pode "entender" cando "aínda hai listas que non están esgotadas".

Así mesmo, nun contexto marcado pola pandemia, subliñan que "non se pode esquecer o esforzo realizado polos profesionais do CHUS, como do resto da sanidade galega, ao longo deste último ano".

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta