O Concello de Santiago celebra o compromiso do Goberno central coa estación do AVE

A obra conta cun apartado no proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado para 2021.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/10/2020 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, celebrou o compromiso do Goberno central coa construción da estación de alta velocidade da cidade, que conta cun apartado no proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado para 2021.

Tren Ave
Tren Ave | Fonte: Renfe.

Este venres, Bugallo desculpou que no repaso feito o xoves sobre as actuacións recollidas no borrador para a cidade non mencionase a adaptación da estación de ferrocarril para acoller a chegada do AVE, unha actuación cun orzamento de máis de 20 millóns de euros.

O rexedor, que mantivo nas últimas horas unha conversa coa presidenta da Adif, Isabel Pardo de Vera, manifestou a súa satisfacción por que figuren compromisos nos orzamentos con esta actuación, que permitirá "completar" a estación intermodal.

"Quero moito a estación vella, como fillo de ferroviario, pero hoxe non responde as necesidades de Santiago e dos 3 millóns de usuarios que ten cada ano", engadiu o rexedor, que reclamou a eliminación da cláusula dos 3,5 millóns de viaxeiros para desbloquear a actuación.

"Nunca se debeu pór e todos estamos de acordo en que non debe estar", incidiu Bugallo, que apelou a que esta decisión sexa abordada na convocatoria da comisión mixta na que participan concello, Xunta e Administración central.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta