Gonzalo Caballero pide que Feijóo explique no Parlamento "a improvisación" sobre o peche das cidades

O xefe de filas dos socialistas galegos criticou que Feijóo leve todos estes días "dando a batalla" contra o Goberno de España polo estado de alarma para agora anunciar "o peche das sete cidades en cuestión de horas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2020 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a comparecer no Parlamento para explicar "a improvisación" de anunciar "un peche urxente" de todas as cidades de Galicia "tan só un día despois de rexeitar o peche perimetral da Comunidade".

"Nós apoiamos que se tomen todas as medidas necesarias na loita contra o virus", asegurou Gonzalo Caballero nun comunicado remitido aos medios, co que incidiu en que a Xunta está a tomar decisións "improvisadas".

O xefe de filas dos socialistas galegos criticou que Feijóo leve todos estes días "dando a batalla" contra o Goberno de España polo estado de alarma e dicindo que "non se pode pechar Galicia" para agora anunciar "o peche do sete cidades en cuestión de horas".

"É necesario que Feijóo explique no Parlamento o que está a pasar", manifestou Gonzalo Caballero, que emprazou á Xunta a "deixar a confrontación" co Goberno de Pedro Sánchez e empezar a traballar "de xeito conxunto" para frear a propagación da pandemia.

Sobre todo, afirmou, á vista das "preocupantes" cifras de contaxios que rexistra Galicia, que superou os 8.300 casos activos e as 900 persoas falecidas.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, nunha rolda de prensa no Parlamento
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, nunha rolda de prensa no Parlamento

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta