O BNG reclama ao Goberno central un "calendario concreto" para a intervención de Alcoa San Cibrao

Néstor Rego advirte de que que a paralización das cubas deixaría unha situación "irreversible".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/10/2020 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

O deputado o BNG no Congreso, Néstor Rego, demandou ao Executivo central que concrete un calendario para a intervención da factoría da multinacional Alcoa en San Cibrao --Cervo (Lugo)-- e así "dar cumprimento" ao acordo aprobado na Comisión de Industria da Cámara baixa.

Néstor Rego, deputado do BNG
Néstor Rego, deputado do BNG | Fonte: BNG.

O parlamentario rexistrou unha batería de iniciativas nas que solicita a convocatoria da mesa multiteral para que este órgano elabore "un calendario cos prazos e pasos necesarios" para a intervención pública da empresa.

Rego puxo o acento en que o proceso xudicial aberto no TSXG que podería carrexar a imposición de medidas cautaleras sobre o peche da empresa "non evitará o inminente peche da fábrica", polo que urxe a dar pasos cara á intervención da factoría.

"A solución ao peche de Alcoa non virá da man de decisións xudiciais, polo que resulta preocupante que, ben a Xunta ben o Ministerio, se inhiban de actuar e limítense a esperar a decisión dos tribunais en lugar de tomar a iniciativa e dar unha saída política á situación, a única saída posible ao conflito neste momento", remarcou o parlamentario.

Neste sentido, apelou á iniciatia aprobada hai dúas semanas no Congreso na que se instaba ao Executivo a iniciar a intervención para "salvar" os postos de traballo e evitar a parada das cubas, unha proposición que saíu adiante cos votos dos partidos que sustentan o Goberno español --PSOE e Unidas Podemos-- e a Xunta --PP--.

"O momento desa actuación chegou, a única posibilidade para salvar este sector estratéxico da economía da Galicia e do Estado e miles de postos de traballo é a intervención pública", aseverou Néstor Rego, que advirte que a paralización das cubas deixaría unha situación "irreversible" en San Cibrao co fin de "calquera opción" que permita seguir adiante coa produción de aluminio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta