Temas: FESTAS NADAL LUZ

O Concello da Coruña instalará un planetario en María Pita durante o Nadal

Anuncia unhas festas "sustentables" con María Pita como "punto central".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/10/2020 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña apostará este ano por unha iluminación de Nadal "sustentable" e coa praza de María Pita como "punto central". "A idea é que toda a cidade goce da ornamentación pensada para celebrar esta época do ano e das estrelas do ceo cunha atenuación da luz artificial", afirma.

En canto ás luces do Nadal, avanza que a praza de María Pita será o "punto central", na que se instalará o elemento máis rechamante, un planetario que evoca o da Casa das Ciencias "e que nos lembra o espectáculo nocturno dun ceo estrelado non contaminado".

A guillotina facendo a súa entrada en María Pita
A guillotina facendo a súa entrada en María Pita

Temas: FESTAS NADAL LUZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta