A CIG denuncia "deficiencias" en urxencias pediátricas do CHUS, que defende que está "garantida" a seguridade

O sindicato afirma que "non hai persoal diferenciado para covid e non covid".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/10/2020 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

CIG-Saúde de Compostela denunciou na Inspección á Xerencia da área sanitaria de Santiago por "graves deficiencias" na unidade de Urxencias pediátricas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Complexo Hospitalario Univsersitario de Santiago
Complexo Hospitalario Univsersitario de Santiago | Fonte: Europa Press.

Segundo remarca, ademais de "non haber persoal diferenciado para covid e non covid", tamén "falta mobiliario, instrumental, zonas e espera, material para facer radiográficas e non se garante a protección de datos dos pacientes".

Sobre esta denuncia, fontes de área sanitaria defenderon que "está garantida a seguridade na atención". "Hai dous circuítos diferenciados, con persoal específico", argumentaron.

Recoñece a área sanitaria que "a confortabilidade é mellorable", pero engade que, "en breve", se acomterán actuacións de mellora que se tiveron que demorar mentres non se finalizaba a ampliación na zona de urxencias de adultos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta