O confinamento de concellos e cidades tamén ten efecto sobre os peregrinos

Poderán entrar en Santiago se iniciaran o Camiño, pero non pasar a noite noutros municipios pechados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os peregrinos que poidan acreditar que este venres xa iniciaran o Camiño de Santiago poderán entrar e durmir na capital galega pese ao peche perimetral, aínda que só poderán pasar en tránsito por outros municipios perimetrados, se é preciso para continuar o seu traxecto, sen pasar a noite nos mesmos nin facer uso doutros servizos como os restaurantes.

Fontes da Vicepresidencia Primeira da Xunta, área da que agora depende Turismo na Comunidade, confirmaron a Europa Press que viaxeiros e peregrinos que se atopen nestes días en territorio galego poden continuar a súa estancia "con normalidade" sempre que non se atopen ou queiran desprazarse a municipios con peche perimetral. Todo iso, respectando "todas as medidas sanitarias establecidas".

No que respecta aos peregrinos que aínda están a realizar o Camiño de Santiago nesta época do ano, a Xunta lémbralles que poden pasar en tránsito polos municipios pechados, pero só para seguir co seu traxecto.

Isto significa que non poderán quedar a pasar a noite nos mesmos, nin facer uso doutros servizos como restaurantes. De ter previsto durmir nalgún deles, veranse obrigados a cambiar o seu destino e a achegarse a algunha localidade limítrofe.

Neste sentido, a Xunta lembra que os peregrinos teñen á súa disposición herramimentas como a reserva en liña de albergues públicos que lles permite coñecer a ocupación e reservar unha praza.

Unha peregrina xunto á Igrexa de San Nicolao .. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press
Unha peregrina xunto á Igrexa de San Nicolao .. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta