Piden 34 anos de cárcere para tres persoas que roubaron uns centos de euros en dous atracos

Os delitos tiveron lugar nunha farmacia e un estanco en Santiago no 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2020 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide penas que suman 34 anos de cárcere para tres acusados de cometer dous atracos, nunha farmacia e nun estanco, en Santiago de Compostela, e que serán xulgados este luns na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede na cidade compostelá.

Segundo o escrito de acusación pública, o 26 de decembro de 2019, este tres acusados, S.J.B., C.B.C. e E.J.B., puxéronse de acordo para atracar unha farmacia situada na rúa Emilia Pardo Bazán. Así, E.J.B. entrou na botica e observou a situación dentro, para determinar "se as circunstancias eran favorables" para o roubo, e avisar aos seus dous colegas.

Tras a 'inspección' de E.J.B., S.J.B. e C.B.C. entraron na farmacia, coas cabezas cubertas con pasamontañas e carapuchas, e un deles esgrimindo un obxecto punzante. Ao berro de "Isto é un atraco!" amedrentaron ás empregadas e á clientela para levar a recadación da caixa, o diñeiro que había nun recipiente baixo o mostrador, e o moedeiro dunha das persoas que estaba no local.

Días despois, repetiron o mesmo 'modus operandi' nun estanco de Lavacolla. Así, despois de que E.J.B. entrase para observar o escenario, os outros dous acusados fixeron o propio, gritando de novo que era un atraco, coas caras ocultas e esgrimindo obxectos punzantes, e lograron levar 200 euros e tabaco por valor de 188 euros.

Por estes feitos, o ministerio público considéraos autores dun delito de roubo con violencia, coa circunstancia agravante de disfraz, e pide 10 anos de prisión para C.B.C, os mesmos que para E.J.B. (5 anos por cada un dos atracos). No caso de S.J.B., concorre a circunstancia agravante de multireincidencia, xa que ten cinco condenas anteriores por roubos con forza. Por iso, pide que sexa condenado a 14 anos de cárcere (7 anos por cada atraco).

Xuízo. Pool
Xuízo. Pool

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta