O Concello de Valga "enchufou" á filla dunha edil e do aparellador municipal en plena crise da Covid

Valga Viva denuncia que a edil de Educación e o aparellador municipal participaron na Xunta de Goberno onde se lle prorrogou o contrato a dúas fillas.

Por Galicia Confidencial | Valga | 01/11/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Valga Viva denuncia un novo caso de "enchufismo" neste concello pontevedrés. Desta volta, na polémica están as fillas da edil de Educación e do aparellador municipal que, segundo este grupo político, participaron na Xunta de Goberno onde se lle prorrogou o contrato a dúas fillas en plena crise pola pandemia do coronavirus para, precisamente, "cubrir necesidades urxentes e inaprazables motivadas polas circunstancias da Covid-19".

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación Carmen Gómez, con representantes do Concello de Valka (Estonia)
O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación Carmen Gómez, con representantes do Concello de Valka (Estonia) | Fonte: valga.gal

"É moi grave que estiveran a nai dunha, e o pai da outra, das bolseiras ás cales se lle renovou o contrato, presentes na Xunta de Goberno, porque podían presionar no sentido do voto o resto de membros da Xunta de Goberno", apunta Manuel Castiñeira, edil de Valga Viva. "Ten mérito que decidirán renovarlles o contrato a estas dúas, e non solicitaran, outra vez, a axuda e, darlle así, a oportunidade laboral a outros mozos que non sexan familiares de concelleiras/os ou de traballadoras/es", engade.

A lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común alerta desta situación e da imposibilidade que haxa parentesco de consanguinidade nos tribunais que decidan unha praza pública. Por iso, Castiñeira critica que o secretario como, órgano Xurídico do Concello, non informara previamente á concelleira do conflicto de intereses de votar a favor nesa resolución e ao aparellador de que abandoara a sala, e facer constancia do mesmo na acta da sesión, quedando plasmada a advertencia realizada aos membros da Xunta de Goberno.

"Se o secretário actúa así neste procedemento, que podemos esperar do resto do traballo que fai", critica e lembra que os fillos e fillas do resto da veciñanza de Valga "tamén teñen dereito a ter un traballo e oportunidades" no consistorio. "Os fillos e fillas dos políticos teñen dereito, como calquera veciña/o a traballar no Concello pero non é nin legal nin ético que os seus proxenitores participen no proceso de contratación", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta