Un terzo das persoas citadas para un cribado en Muros non acudiu a facer a proba

Representan un total de 180 peroas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2020 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

Un terzo dos veciños de Muros (A Coruña) citados na mañá deste sábado para un cribado de covid non acudiron a realizarse a proba ao centro de saúde da localidade muradá. Así, segundo informa a área sanitaria de Santiago, 360 das 540 persoas citadas presentáronse no ambulatorio para que se lles practicase a proba.

En total, 2.086 persoas de entre 30 e 50 anos están citadas entre este sábado e o domingo (en quenda de mañá e tarde) para formar parte dun cribado co que se pretende descubrir casos asintomáticos.

Muros atópase entre os 45 municipios galegos en alerta vermella pola incidencia do coronavirus tras producirse un incremento de casos nos últimos días.

Unha muller é sometida a unha proba PCR. Ión Alcoba - Europa Press
Unha muller é sometida a unha proba PCR. Ión Alcoba - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta