A campaña de gripe da Xunta: "chaman a miles de persoas a vacinarse e logo dinlles que non hai doses"

O PSdG leva ó Parlamento a "falta de previsión" dunha campaña marcada polo "desabastecemento".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2020 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O PSdeG rexistrou no Parlamento galego iniciativas para denunciar o "desabastecemento" de vacinas de gripe durante a campaña organizada pola Consellería de Sanidade. Neste sentido, o deputado socialista Xullo Torrado carga contra a "falta de previsión" da Xunta cando anunciou "ter doses suficientes".

"A falta de previsión do Goberno galego convértese nun problema no actual escenario", asevera Torrado nun comunicado, no que tamén alerta de que esta situación xera na cidadanía unha preocupación. De feito, o deputado socialista lamenta que a Xunta se demostrou "máis preocupada de anunciar as cousas que de facelas ben" cunha campaña coa que "chaman a vacinarse a miles de persoas, acumulan as solicitudes nos centros de saúde para despois dicirlles que non hai suficientes doses".

Torrado suxire que esta campaña "debería ter un funcionamento especialmente optimizado en recursos, protocolos e persoal dispoñible", polo que reclamará na Cámara saber "as doses que se compraron, a previsión e coñecer que vai pasar agora".

De igual modo, o portavoz sanitario do Grupo Socialista quere que a Xunta explique "se van volver a chamar ao resto da poboación sen vacinar ou se poden garantir o desenvolvemento da campaña sen provocar caos".

Sanitaria cunha dose da vacina da gripe. Eduardo Parra - Europa Press
Sanitaria cunha dose da vacina da gripe. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta