Detido un carballés por roubar nunha vivenda e logo plantarlle lume para ocultar o delito

Dous bombeiros resultaron feridos no incendio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2020 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a un veciño de Carballo como presunto autor dun roubo nunha vivenda situada en Fisterra (A Coruña), á que despois plantou lume para ocultar os delitos cometidos. Segundo informa o Instituto Armado, a investigación iniciouse tras o incendio da casa, no que de feito resultaron feridos dous dos bombeiros que traballaron na súa extinción.

Incendio dunha edificación. SPEIS NARÓN - Arquivo
Incendio dunha edificación. SPEIS NARÓN - Arquivo

Desde un primeiro momento, os axentes apuntaron a que podía ser intencionado dadas as circunstancias nas que se produciu. No transcurso das indagacións, a Garda Civil determinou que o lume gardaba relación cun roubo no interior dun vehículo ocorrido o mesmo día tamén en Fisterra. Neste episodio, o presunto autor dos feitos subtraera as chaves da vivenda.

Máis tarde, segundo o relato da Benemérita, logrou acceder á casa e roubou nela 27.500 euros en metálico, varios reloxos, unha cadea cunha cruz de ouro e un teléfono móbil de alta gama. Seguidamente, provocou o incendio coa intención de ocultar o delito.

Tras a súa identificación, procedeuse a deter ao home como presunto autor de dous delitos de roubo e un de incendio, póndoo a disposición do Xulgado Número 2 de Corcubión xunto coas dilixencias realizadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta