O proxecto de lei de ordenación do territorio a debate no Parlamento para os días 10 e 11 de novembro

Tamén se debaterá outro proxecto de lei sobre pesca continental.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O próximo pleno da Cámara galega, que terá lugar os días 10 e 11 de novembro, acollerá o debate da toma en consideración de dous proxectos de lei a proposta do Goberno: o de Ordenación do Territorio e outro referido a Pesca Continental.

Diso informou este luns en rolda de prensa o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, quen explicou que estas iniciativas dan continuidade a proxectos iniciados na pasada lexislatura pero que decaeron con motivo da convocatoria das eleccións autonómicas.

Neste sentido, sinalou que se tratará de actualizar a norma vixente en materia de Ordenación do Territorio, que data de 1995, e "sumar un novo fito" ao traballo desenvolvido polo goberno do PPdeG desde 2009 para "actualizar e modernizar todo o corpus urbanístico".

Pola súa banda, o segundo proxecto de lei, o de Pesca Continental, segundo indicou, buscará impulsar a substitución xeracional e un modelo sustentable, capaz de xerar riqueza no rural. Para iso, incluirá cuestións como as escolas de río ou a reordenación das masas de auga.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, na rolda de prensa. PPDEG - Arquivo
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, na rolda de prensa. PPDEG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta