O Colexio de Xornalistas denuncia que os crimes contra xornalistas seguen impunes

No Día Internacional para Pór Fin á Impunidade dos Crimes contra os Xornalistas, o Colexio de Xornalistas lembra a impunidade dos crimes contra xornalistas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

Desde 2013, o 2 de novembro se estableceu como o Día Internacional para Pór Fin á Impunidade dos Crimes contra os Xornalistas, data na que se denuncia a falta de castigo para os asasinatos de informadores que se producen en todo o mundo, pero tamén na nosa contorna, xa que os estudos reflicten que cada vez son máis os riscos de informar en Europa.

José Couso. CEDIDA - Arquivo
José Couso. CEDIDA - Arquivo

Neste día, numerosas organizacións de xornalistas de todo o mundo reclaman medidas para garantir a seguranza do exercicio da profesión como salvagarda da liberdade da información, xa que "sen garantías de seguridade, é toda a sociedade a que sofre da faltade liberdade de información e de dereitos".

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere sumarse a esta data reivindicativa nun ano no que a pandemia da Covid-19 e o aumento dos ataques aos xornalistas fan cada vez máis difícil a labor de informar. Ademais, o CPXG reivindica a impunidade do caso de José Couso, o cámara ferrolán que foi asasinado. A condena deste ano a indemnizar á familia Couso por parte do Estado, recorrida polo Goberno, significou para o Colexio de Xornalistas "a demostración da inacción da administración", e esixen que se faga xustiza. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E para celebrar o día acaban de sacar adiante o chamado Ministerio da Verdade Así que a partir de agora antes de abrir a boca teremos que preguntarlle ao CNI se está ben falado ou debemos revisar o noso libro de estilo (?) https://twitter.com/00Gamela/status... Nunca pensamos chegar tan lonxe...!!! e aínda quedan 6 meses Estado Alarma !